Hamburgo, 7 de xullo de 2017: #BlockG20 – colorea a zona vermella!

Bloqueemos o espectáculo dxs poderosxs co espírito audaz e rebelde dxs moitxs.

Estaremos alí. Onde está a zona vermella. Onde non se supón que debamos estar. Onde están xs poderosxs. O Cumio do G20 en Hamburgo fará historia. Será a nosa hora. Será tamén a túa?

O G20 é un cumio de déspotas, de gobernantes e xs seus/súas contables. Decidiron impoñernos durante moito tempo o estado de emerxencia. Decidimos abolir a súa orde.O Cumio do G20 ocupará a cidade. Os días 7 e 8 de xullo de 2017 xs xefes de Estado e de Goberno dos 19 estados máis ricos e poderosos do mundo reuniranse en Hamburgo. A UE tamén estará presente. Queren discutir as súas crises: o futuro do capitalismo global. Trump contra Merkel? Xunto a elxs Erdogan, Xi Jinping, Modi, Temer, por suposto Putin e todxs xs demais – trátase dun novo acordo. Quen obtén que?, como poden beneficiarse?, e o que é máis importante: como se pode impedir que xs perdedorxs, que pagan por esta monstruosa desigualdade, chamen ás nosas portas?

Esas non son as nosas preocupacións, nin ao que damos máis importancia. É a inxustiza global a raíz de todo mal neste mundo. A fame negra, a pobreza, a catástrofe climática, a destrución do medio ambiente, as guerras, os desprazamentos. É o seu caos e iso é o que queren negociar en Hamburgo. Dicir que o Oeste libre ten que manterse unido como un para combater o terror do califato islámico. Pero xa non toleraremos ser enganadxs. Nós como persoas libres e iguais somos xs inimigxs implacables de todos os fundamentalismos. Non é posible xustificar ningún terror cara a nós ou no noso nome. Ao rexeitar o terror dxs yihadistas fundamentalistas, tamén cuestionamos o fundamentalismo de mercado do capitalismo.

O G20 terá unha cidade como refén. A xente de Hamburgo está a falar constantemente de como as súas veciñanzas transformaranse nunha zona de alta seguridade. Moitxs non poderán volver a casa. Serán observadxs por francotiradores no seu camiño á panadería. Xs participantes do cumio encerraranse porque deixaron de confiar no seu electorado hai moito tempo. O “mundo libre” reunirase rodeado de arame de púas da OTAN, bloques de formigón e unha armada da policía, o exército e as chamadas forzas de seguridade. Ben, grazas! Só por iso xa está claro para nós e moitxs outrxs: G20 – non é benvido!

O que estamos a facer está xustificado!

Algúns/has de nós tomamos medidas en defensa propia, para salvar o noso mundo, outrxs co gran espírito de liberdade, e outrxs simplemente polo seu desexo de rebelión. Por tanto, non deben tratar de deternos con normas de tráfico. Aquelxs que queren construír muros, que están a encarcerar a medio país, convertendo cidades en cinzas, que deixan que miles se afoguen no Mediterráneo, non deben darnos unha conferencia sobre a razón, a lei e a orde. É só unha charla baleira. Todo é unha falsa noticia. O G20 non nos representa! Non teñen as solucións aos verdadeiros problemas do noso mundo. O seu sistema económico é unha tolemia absoluta: sen respecto polo futuro, a natureza e o dereito de todas as persoas a vivir unha vida digna en liberdade. Debemos ver como destrúen o noso mundo?

Dinnos: “O G20 representa dous terzos da poboación mundial”. Isto lexitimaríaos. Non! Representan o 80 por cento das emisións mundiais de CO2. Representan as guerras, o desprazamento masivo, a inxustiza que empurra a tanta xente á desesperación. Só negocian cal dos escenarios do absurdo será impulsado: o libre comercio neoliberal intransixente ou o capitalismo oligárquico autoritario xuntos, ou simplemente unha ditadura aberta? Non no noso nome: tomamos a única opción sólida nestes tempos de axitación: amizade global sen fronteiras, unha rebelión de iguais!

Confiamos na mente rebelde e na razón do corazón. Anunciamos: que imos a transgredir as regras e bloquear a zona vermella. Non todo o que faremos estará en conformidade coa lei, pero será aberto e visible para todxs aquelxs que van participar. Por suposto, haberá un risco. A desobediencia rebelde non é un paseo polo parque. Se a policía vai actuar impredicible e brutalmente, non estaremos asustadxs e outrxs tampouco deberían estalo. Porque seremos miles e estaremos xuntxs. Actuamos na tradición do bloque G8 en Heiligendamm, Dresden Nazifrei, Castor schottern, Ende Gelände ou Blockupy. Acontecementos nos que a confianza, o poder e a esperanza dxs moitxs sempre foi notable. Imos entrar nun acordo sobre o que imos facer en diferentes lugares para permitir a participación de todxs. Esta é a nosa política de amizade durante os días da gran reunión.

Toda a cidade de Hamburgo será unha celebración pola esperanza

Imos estar nas rúas no corazón de Hamburgo con decenas de miles, correndo, bailando, sentádonos, en movemento. Desprazarémonos pola cidade en múltiples grupos como dedos, de xeito inesperado, audazmente e en solidariedade. Emerxeremos en ondas nos escenarios do cumio dende todas as direccións, na feira, na alcaldía e nol Elphilharmonie. En resumo: na chamada zona vermella dxs poderosxs. Cando a policía tente deternos, atoparemos camiños alternativos ao noso obxectivo. Onde sexa necesario, superaremos os obstáculos e romperemos as cadeas policiais. Protexerémonos para non ser golpeadxs, de modo que os gases lacrimóxenos non queimen os nosos ollos e fagan que a respiración sexa imposible. Buscamos confrontación política pero non ataques físicos. Seremos moitxs e iso é o que nos protexerá. Iremos até onde a nosa coraxe nos leve. Pasaremos a noite se é preciso. E seremos fortes. Con todxs xs que estean alí e en nome de todxs aquelxs que non poidan estar alí con nós. Non seremos xs únicoxs nas rúas coa nosa acción masiva. Desexamos que chegue este día e estamos en solidariedade con todxs aquelxs que compartan a nosa crítica ao G20 e que axuden a dar forma a ese día: festas rueiras, asembleas, noites de clubs, estradas conxestionadas, bloqueos, accións en todas partes e movemento de aquí a alí. Estaremos a falar uns/has con outrxs e sempre seremos accesibles e nos achegaremos a outrxs. Convidamos a todxs a poñerse en contacto connosco e participar.

Aprendizaxe mutua e accións diversas!

Os nosos estilos de vida, as nosas paixóns e as nosas esperanzas poden ser diferentes. Pero todxs desprezamos a fixación no sangue, o xénero e a raza, nas nacións e o sacro diñeiro. Somos membros do sindicato, aprendices, pensionistas, estudantes, empregadxs ou desempregadxs, con boas posicións ou traballos de merda. Somos novxs e vellxs, ou no medio. Temos fillxs ou non. Amamos incondicionalmente a liberdade e o dereito de amar a quen queiramos. Somos parte de movementos e ás veces tamén membros de partidos, somos hippies climáticxs e defensorxs apaixoadxs da paz mundial, somos ocupantes ilegais e policiais, respectamos a todxs xs deusxs e con todo ningún/ha, vimos doutro lugar ou sempre estivemos aquí. Apoiamos axs refuxiadxs. Defendemos a amizade de iguais en toda a nosa diversidade, loitamos por unha solidariedade dxs libres nunha democracia real que vén. Dicimos: Bloquea o Cumio do G20 e colorea a zona vermella!

Acción “Block G20 – colour the red zone!”